Escuchar

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Xunta de Galicia presenta catro pautas que nos poden axudar a identificar a especie invasora da avespa velutina e facilitar aos servizos de intervención a planificación para a súa retirada. Así, os técnicos da AXEGA insisten en que a observación do tamaño e cor do insecto, como tamén a forma e colocación do niño nos permitirá diferenciar a avespa invasora e colaborar cos equipos de intervención na obtención da información necesaria para optimizar a súa eliminación. 

Recoller toda esta información será de grande axuda para os equipos de intervención por canto lles facilitará a planificación da retirada dos niños. Ademais, a AXEGA recorda que unha vez que dispoñamos dos datos necesarios podemos chamar ao teléfono da Xunta de Galicia 012 para avisar da presenza do niño, ou ao número único de atención ás emerxencias 112 sempre e cando a súa localización supoña un risco para persoas alérxicas, enfermos ou menores.  Descobre aquí outras características para determinar o grao de urxencia e retirada dos niños de especies invasoras.