Escoitar

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Xunta de Galicia presenta algunhas pautas que nos poden axudar a identificar a especie invasora da avespa velutina e facilitar aos servizos de intervención a planificación para a súa retirada. Así, os técnicos da AXEGA insisten en que a observación do tamaño e cor do insecto, como tamén a forma e colocación do niño, permitirannos diferenciar a avespa invasora e colaborar cos equipos de intervención na obtención da información necesaria para optimizar a súa eliminación. 

Recoller toda esta información será de grande axuda para os equipos de intervención facilitándolles  a planificación da retirada dos niños.

A AXEGA recorda que unha vez dispoñamos dos datos necesarios,  podemos chamar ao teléfono da Xunta de Galicia 012 para avisar da presenza do niño.