Escoitar

A continuación, presentamos o balance de actividades do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia correspondente ao ano 2021:

Chamadas atendidas

En 2021, o 112 Galicia atendeu un 12 por cento menos de chamadas (853.529) con respecto ao exercicio anterior (969.999) e o número de incidencias xestionadas mantense en cifras semellantes, mesmo cun lixeiro descenso con respecto a 2020 (230.204, en 2021; e 236.343, en 2020).

Incendios urbanos e escapes de gas

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia atendeu nos últimos anos (2017-2021) un total de 10.704 incendios urbanos e 626 acumulacións de gas. Unha tendencia que foi en aumento mesmo durante a pandemia causada pola Covid (2020-2021), cando se contabilizaron un total de 4.394 e 261 chamadas relacionadas con senllas tipoloxías.

Incendios industriais

Durante o exercicio do 2021, no 112 Galicia detectouse un notable ascenso no número de incendios industriais xestionados. Nese ano rexistráronse un total de 124 incidentes por esta tipoloxía, fronte aos 108 do ano 2020.

Novas tecnoloxías de xeolocalización

En 2021, das 480 intervencións relacionadas con rescates ou persoas perdidas, 90 contaron co apoio dos datos de xeolocalización, mentres que, en 2020, dos 717 casos rexistrados, só 37 xestionáronse coa axuda desta información.

Simulacros

No ano 2021, leváronse a cabo 221 simulacros nos que participou o 112 Galicia, o que representa un aumento significativo en comparación cos exercicios levados a cabo no ano 2020, un total de 118. Os simulacros son fundamentais para lograr unha coordinación eficaz entre os diferentes equipos de intervención durante unha emerxencia.

Tipologías

Este gráfico amosa unha vista global dos tipos de incidencias xestionadas no 112 Galicia no pasado exercicio.