Escoitar

O director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias presentaron hoxe no CIAE-112 Galicia a actividade do 112 Galicia durante o exercicio do 2022.

 

A mobilización de medios de intervención foi requirida nunha de cada catro chamadas recibidas no centro.

Unha de cada catro incidencias estiveron relacionadas con accidentes, obstáculos e animais nas vías de circulación.

Os incendios urbanos aumentaron de xeito significativo. En especial os orixinados en chemineas, campás extractoras e os provocados polo esquecemento de potas ao lume.

Crece o número de simulacros nos que colaborou o 112 Galicia. A realización destes exercicios é positiva para estar preparados ante unha emerxencia real.

A xeolocalización é un factor importante para chegar canto antes.

O avance das novas tecnoloxías permite mellorar o tempo de resposta dos diferentes servizos de intervención.

facebook twitter instagram