Imaxe escoitar Escoitar

Un home dispárase nun ombreiro tras atrincheirarse nunha vivenda de Cangas

Un home que se atrincheirou nunha casa de Cangas resultou ferido despois de dispararse nun ombreiro. Aconteceu nunha propiedade da Avenida de Lugo. 

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos contra as 23:00 horas de onte. Eran os efectivos de Protección Civil da localidade os que informaban da súa saída para colaborar coas forzas de seguridade presentes no lugar no que se estaban a producir os feitos. 

Tras autolesionarse, o varón recibiu asistencia sanitaria.

 

LIberan unha persoa en Pontedeume tras envorcar o seu coche

Os Bombeiros do Eume excarceraron esta mañanciña unha persoa que quedou atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente, en Pontedeume. O coche envorcou á altura do quilómetro 17 da estrada N-651, ao seu paso por Campolongo, na parroquia de Andrade. 

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia minutos despois das 7:00 horas de hoxe para dar conta do ocorrido. Segundo indicou, no vehículo accidentado viaxaban dúas persoas, unha delas permanecía atrapada e a outra xa conseguira abandonar o turismo. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Eume. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

facebook twitter instagram