Imaxe escoitar Escoitar
 
Dous accidentes en Redondela e Moaña causan retencións na AP-9
Un total de catro vehículos se viron implicados en dous accidentes que ocorreron esta mañá en Redondela e Moaña. Só unha persoa, a que conducía o turismo sinistrado en Redondela, tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, ambos os dous sinistros provocaron retencións tanto en sentido entrada como saída da cidade de Vigo. O primeiro accidente sucedeu en Redondela arredor das 7:15 horas de hoxe. Neste caso, un turismo se saíu da vía e colidiu contra a mediana. O ferido foi atendido de inmediato polos técnicos dunha ambulancia de Urxencias Médicas que pasaba por alí naquel momento. Unha hora máis tarde, preto das 8:30 horas, tres turismos chocaron na rotonda de acceso á Ponte de Rande dende o Corredor do Morrazo. Por fortuna, ninguén resultou ferido. En ambos dous casos, tras as chamadas de varios condutores, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a presenza da Garda Civil de Tráfico e de Urxencias Médicas.

facebook twitter instagram