Escoitar
Falece unha muller atropelada por un tren en Santiago
Unha muller faleceu esta media noite despois de ser arrolada por un tren na estación de Santiago de Compostela. Ás 00:00 horas desta noite, o Centro de Seguridade de Renfe alertaba ao CAE 112 Galicia do suceso, quen de inmediato, puxo en alerta aos servizos sanitarios de urxencia. Tamén, se pediu a intervención dos axentes da Policía Nacional, Local e a dos efectivos de Protección Civil de Santiago.
 
Recuperan en Vilar de Santos o corpo dunha muller afogada nun charco
Os bombeiros de Xinzo recuperaron o corpo dunha muller afogada nun charco de extracción de area que pertence a unhas empresas areneras situadas á altura da Ponte de Paradela, da localidade ourensá de Vilar de Santos. Un familiar, ás 20:13 horas deste mércores,  chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda e indicou que a muller se atopaba desaparecida dende as 17:00 horas. O CAE 112 Galicia, tras o aviso, puxo en marcha un dispositivo no que participaron Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil, ademais da intervención dos bombeiros que unha vez localizada polos familiares, foi precisa, para rescatar á muller falecida.