Escoitar
Liberan a unha moza falecida do interior dun vehículo tras colidir cun camión en Ordes
Os bombeiros de Ordes liberaron esta mañá a unha muller falecida que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía tras colidir contra un camión-caixa cando circulaban pola estrada N-550, no punto quilométrico 32, á altura do Concello de Ordes. O CAE 112 Galicia, tras recibir a chamada de alerta dun particular ás 08:15 horas de hoxe e indicar que podía haber atrapados, informou aos efectivos do parque comarcal e aos servizos sanitarios de urxencia, ademais, se pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Ordes. Debido ao accidente, no que, dúas persoas mais -que viaxaban no camión- resultaron feridas, foi preciso interromper a circulación. O servizo de limpeza e mantemento de estradas se encargou da limpeza da vía. 
 
Trasladados unha muller e un menor afectados pola inhalación de gas dunha estufa en Forcarei
Dúas persoas, unha muller e un menor, foron trasladados ata o Hospital Montecelo e ao Provincial de Pontevedra respectivamente, por inhalar o gas producido polo mal funcionamento dunha estufa de butano. O suceso aconteceu nun domicilio particular situado na Rúa C, no termo municipal de Forcarei. Un particular que se identificou como familiar dos afectados, foi quen chamou ao CAE 112 Galicia pasadas as 23:00 horas deste martes para pedir axuda. De inmediato, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se alertou aos servizos sanitarios de urxencia, aos bombeiros do Deza e aos efectivos do GES de A Estrada, que unha vez no lugar comprobaron que ao acender a estufa e facer as correspondentes medicións, o explosímetro, deu positivo. Ademais, se solicitou a colaboración de Protección Civil de Forcarei e de A Estrada, así como dos axentes da Garda Civil.