Escuchar

Unha fuga de amoníaco nunha nave en Sanxenxo mobiliza aos servizos de emerxencias do Salnés

Unha avaría no peche dunha electro válvula nunha mexilloneira situada en Adina, foi a causa que provocou dita fuga.

Por fortuna, ninguén resultou afectado.

Pasaban uns minutos das 20:15 horas deste domingo, cando os mesmos efectivos do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo informaban ao CAE 112 Galicia do suceso. Indicaban que saían a petición dun particular que lles advertira de cheiro a cloro, e, picazón na gorxa.

Tras o aviso, de inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, da Garda Civil e da Policía Local. Tamén, alertou aos servizos sanitarios, aínda que, afortunadamente, non foi precisa a súa intervención.

Unha vez localizada á avaría e despois de comprobar que as medicións eran negativas, os bombeiros ventilaron a nave.