Imaxe escoitar Escoitar

 

Un menor foi trasladado despois de ser alcanzado por un turismo en Caldas de Reis

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte a un menor que resultou ferido despois de ser alcanzado por un turismo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 19:30 horas diante no Colexio Alfonso XII da localidade pontevedresa de Caldas de Reis.

Ata o lugar acudiron os membros do GES de Valga, que colaboraron cos profesionais sanitarios para a evacuación do menor ferido.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dunha chamada de alerta de Urxencias Sanitarias.

Vehículo envorcado en Val do Dubra
Por outra banda, pouco antes da medianoite, un vehículo saíuse da vía e quedou envorcado cando circulaba pola Rúa Arcai, en Val do Dubra.

Como consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido e, tras ser estabilizado polos voluntarios de Protección Civil da localidade, foi trasladado ao hospital de referencia por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tamén se informou aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Xallas e de Santiago, mais o ferido estaba liberado e accesible.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para alertar, o que permitiu activar este operativo de rescate que completaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram