Cinco persoas feridas en dúas saídas de vía ocorridas en Santa Comba e Celanova
Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente ocorreu, pasados uns minutos das 19:00 horas da tarde pasada, no concello coruñés de Santa Comba, en Santa Sabiña. Nada mais recibir a alerta do 061-Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico. Así mesmo, informouse aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Dous feridos en Celanova
En Celanova (Ourense), esta madrugada outra saída de vía deixaba outras dúas persoas feridas. Persoal do 061-Urxencias Sanitarias informaba, ás 00:50 horas dunha saída de vía á altura do lugar de Madanela. Tras o aviso, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico e informouse aos Bombeiros e membros de Protección Civil da Mancomunidade de Celanova.
Arde un coche en Vedra
Un coche ardeu esta mañá no concello coruñés de Vedra. Sobre as 07:15 horas, un particular indicaba ao 112 Galicia dun coche ardendo a carón dunha casa en San Mamede de Ribadulla, en Eira de Abaixo. Ata o punto, desprazáronse os membros do GES da Estrada, Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha vez extinguido o lume, os membros do GES confirmaron que as lapas calcinaron o turismo na súa totalidade sen causar mais danos.