Escoitar

Unha muller trasladada tras declararse un incendio na súa cociña

Unha muller resultou afectada esta madrugada por inhalación de fume despois de declararse un lume na súa vivenda, en Sanxenxo. O incendio iniciouse na campá extractora da cociña e estendeuse a parte dos mobles. O resto da casa viuse danada polo fume. Aconteceu no lugar do casal, na Parroquia de Noalla. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia á 1:30 da madrugada. Explicou que acababa de chegar á casa e que lle estaba a arder a cociña. O persoal do 112 alertou aos Bombeiros do Salnés e ao GES de Sanxenxo, que enviaron senllas dotacións. Tamén se alertou á Garda Civil. Ata o lugar tamén se desprazou unha ambulancia para atender á muller. Foi trasladada a un centro sanitario por unha intoxicación leve de fume.

 

Indencio intencionado nunha capela de Narón

A capela de Placente, en Narón, viuse afectada esta noite por un incendio. Todo apunta a que o lume foi provocado. O incendio orixinouse na porta principal do templo. Segundo os efectivos de emerxencias, diante dela alguén puxo un colector do lixo ao que lle prendeu lume. Ademais, segundo apuntan, tentouse que o lume se estendera ao interior do santuario a través dunha fiestra. De feito, parte da zona do altar viuse danada. O 112 Galicia recibiu o aviso do que estaba a suceder minutos despois das 7:30 horas. Os profesionais do CAE 112 Galicia contactaron coa Policía Local. Ata o lugar tamén se desprazou unha patrulla da Policía Nacional.