Escoitar
Falece o condutor dun turismo tras colidir contra un muro en Oia
O condutor dun turismo perdeu a vida esta madrugada despois de colidir co seu vehículo contra un muro na PO-552, ao paso polo concello pontevedrés de Oia. A vítima estaba, ademais, atrapada no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dun equipo de excarceración dos Bombeiros do Baixo Miño e o GES da Guarda. Unha vez liberado, os servizos sanitarios de urxencia confirmaron o falecemento do único ocupante do turismo. Pola súa banda, o CAE 112 tivo constancia do suceso pouco despois desta media noite e, ademais dos efectivos do parque comarcal e do Grupo Supramunicipal de Emerxencias, pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico.