Imaxe escoitar Escoitar

Un peón ferido despois de que unha furgoneta batese contra un farol en Noia

Unha persoa que transitaba pola rúa resultou ferida esta noite, en Noia, despois de que unha furgoneta batese contra un farol. Parte da lámpada precipitouse sobre o viandante, deixándoo ferido nunha perna. O condutor do vehículo, entre tanto, resultou ileso. 

O sinistro tivo lugar na rúa de Galicia. Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia, á 1:00 horas desta noite. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Brión. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. 

Moza atropelada
Na Coruña, mentres, unha moza resultou ferida tras ser arrolada por un vehículo. O atropelo rexistrouse na avenida de Arteixo. 

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia á 1:00 horas desta madrugada. Dende o CIAE do 112 informouse ao 061, aos Bombeiros da Coruña, a Protección Civil e á Policía Local. 

facebook twitter instagram