Imaxe escoitar Escoitar

Investigan a morte dun home nun garaxe de Ponte Caldelas

As forzas da orde investigan a morte dun home dentro dun coche estacionado nun garaxe de Ponte Caldelas. Os feitos tiveron lugar no propio domicilio da vítima, no lugar de Contixe, na parroquia de Tourón.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 21:10 horas da pasada noite para explicar que acababa de atopar o garaxe cheo de fume. Segundo indicou, o seu pai podía estar falecido dentro do seu coche. 

Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil. 

Os efectivos sanitarios non puideron intervir no lugar ata a chegada dos Bombeiros, que se encargaron de ventilar o garaxe. Así e todo, as medicións realizadas ante unha posible presenza de monóxido de carbono deron negativas. 

facebook twitter instagram