Imaxe escoitar Escoitar

O temporal deixa cerca de 200 incidentes en Galicia e obriga a suspender as clases en Lugo e Ourense

Cerca de 200 incidencias foron rexistradas no CAE 112 Galicia, no período comprendido entre as 18:00 horas de onte e as 08:00 horas de hoxe, a causa da meteoroloxía adversa. A provincia de A Coruña foi, sen dúbida a mais afectada cun total de (111) incidencias, seguida de Pontevedra (44), Ourense (22) e por último Lugo con (19) incidentes. A maioría das incidencias debéronse á caída de árbores e pólas caídas nas estradas galegas. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así destácase unha intervención en Culleredo, onde os Bombeiros de Arteixo tiveron que retirar as tellas que caían á rúa dun edificio de cinco andares situado na Rúa Largo Caballero. Igualmente, houbo que cortar a circulación ao tráfico na Ponte Nova, na AC-549, en Noia, por desprendemento de chapas soltas na vía.  Así mesmo, debido á alerta laranxa por neve decretada nas provincias de Lugo e Ourense, ao redor dunha quincena de incidencias foron rexistradas por este fenómeno adverso. Así, en A Gudiña, na A-52, no alto da Erosa, numerosos vehículos, entre eles, uns 30-40 camións quedaron atrapados pola neve que, nese momento, caía con intensidade. A estrada tivo que ser cortada ao tráfico dende as 19:45 horas de onte ata ao fío da 01:00 horas de hoxe que xa se podía circular non normalidade. Cabe recordar que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acordou suspender a actividade escolar  e de transporte nos centros educativos da montaña de Lugo e Ourense. 

facebook twitter instagram