Escoitar

Morre unha persoa en Ourense ao caer polo oco das escaleiras

Unha persoal faleceu onte á tarde en Ourense tras sufrir unha caída na súa casa. Segundo se lle indicou ao 112, a vítima caeu polo oco das escaleiras. 

Os feitos tiveron lugar nunha vivenda da rúa Martínez Sueiro. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 19:30 horas de onte para solicitar asistencia sanitaria para a persoa. 

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Urxencias Médicas e á Policía Nacional. 

Os efectivos sanitarios enviaron unha UVI móbil ata o lugar dos feitos.

 

Localizan dúas persoas perdidas mentres facían unha ruta en Lobios

Os efectivos de emerxencia localizaron a pasada tarde dúas persoas perdidas en Lobios mentres practicaban sendeirismo. As vítimas estaban a facer a Ruta da Mina, pero desorientáronse cando chegaron á zona de Río Caldo.

Un dos excursionistas contactou co 112 Galicia ás 22:00 horas desta noite para explicar o que lles ocorrera. Seguindo as indicacións dos operadores do 112, enviou as súas coordenadas a través do WhatsApp, o que permitiu localizar a incidencia dun xeito preciso. 

Nas tarefas de busca participaron efectivos do GES de Lobios e da Garda Civil. 

Os excursionistas foron localizados contra as 0:00 horas. Foron trasladados a Vilameá, lugar onde comezaran a ruta. Ambos se atopan en perfectas condicións. 

facebook twitter