Escuchar

Unha colisión en cadea deixa dous feridos na Coruña

Unha colisión entre cinco turismos deixou dúas persoas feridas –un home e unha muller- na cidade da Coruña.

O persoal sanitario que se desprazou ata o punto confirmou ao CAE 112 Galicia que, a muller precisou ser trasladada en ambulancia, mentres que, o home, puido ser atendido no mesmo lugar onde ocorreron os feitos polo persoal médico.

O accidente ocorreu ao fío das 21:00 horas da noite pasada, na Avenida Alfonso Molina, á altura do Club Financiero.

Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu á alerta de varios particulares informando da situación. Decontado, pasouse aviso á Policía Local, Urxencias Médicas e Protección Civil. Os bombeiros tamén foron informados.