Imaxe escoitar Escoitar

Rescatado un home que caeu nunha zona rochosa na Coruña

Os Bombeiros da Coruña rescataron onte a un home que caeu nunha zona rochosa no paseo marítimo da cidade, á altura do cemiterio de San Amaro. A dotación estabilizou e subiu nunha padiola ao varón ata o paseo, onde agardaba unha ambulancia para trasladalo.

Nun primeiro momento, Salvamento Marítimo desviou ata o punto unha embarcación con mergulladores. Un deles atendeu ao home.

O 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido ás 18:20 horas a través dun particular. Indicaba no seu relato que escoitaba a unha persoa pedindo auxilio no paseo marítimo dos Pelamios.

Nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros, á Policía Local, a Urxencias Médicas, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo.

facebook twitter instagram