Imaxe escoitar Escoitar

Unha muller resulta ferida ao sufrir un accidente có seu vehículo en Pobra do Brollón

Unha muller foi evacuada esta madrugada polos servizos sanitarios despois de sufrir un accidente cando circulaba pola N-120, á altura da gasolineira  da localidade lucense de A Pobra do Brollón. Pasados uns minutos das 00:00 horas de hoxe, un particular indicou ao CAE 112 Galicia que, un turismo  -no que había unha muller no seu interior- estaba nun barranco e que non se podía acceder a el. Así, o 112 Galicia ademais de alertar a Urxencias Médicas, puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte que, unha vez no punto, sacaron á muller ferida do interior do vehículo.  A Garda Civil de Tráfico e os efectivos do GES de Quiroga tamén foron informados polo 112 Galicia.  Por outra banda, en Malpica de Bergantiños, minutos antes das 23:00 horas deste domingo, os servizos sanitarios informaban ao CAE 112 Galicia da caída dun motorista no lugar de Filgueira. De contado, se solicitou a intervención dos axentes de Tráfico e informouse aos Bombeiros de Carballo, aos efectivos do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Malpica que indicaron que o estado do ferido parecía de gravidade.  

facebook twitter instagram