Escoitar

Unha colisión múltiple en Melide sáldase cunha persoa ferida

Unha persoa resultou ferida despois de que se producise unha colisión entre tres coches en Melide. A vítima foi trasladada nunha ambulancia ao PAC. O accidente ocorreu na AC-840, concretamente no punto quilométrico 45.

O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través de 061-Urxencias Sanitarias ás 20.30 horas de onte. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Bombeiros de Arzúa.

 

Un incendio nunha casa deshabitada en Vilagarcía provoca danos materiais

Un incendio causou esta noite danos materiais no interior dunha vivenda deshabitada en Vilagarcía de Arousa. Arderon uns colchóns, roupa e armarios.

Os feitos tiveron lugar na rúa Marxión. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 2:00 horas. Indicaba no seu relato que podería haber indixentes dentro da vivenda.

A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Vilagarcía, a Protección Civil, á Policía Local, á Policía Nacional e a 061-Urxencias Sanitarias. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.