Alertas activas:

Escoitar

Dúas persoas falecidas ao saírse da vía en Monterrei

Dúas persoas faleceron esta madrugada despois de saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban.

Os Bombeiros de Verín tiveron que excarcerar aos dous ocupantes, ao quedar atrapadas no interior do turismo. Ademais, foi preciso cortar o subministro eléctrico da zona, posto que,  o vehículo chocou contra un farol e o alumeado público resultou danado.

O accidente ocorreu sobre as 02:15 horas desta madrugada, no concello Ourensá de Monterrei, no lugar da Pousa. Foi a esa hora, cando un particular alertou ao CAE 112 Galicia que, decontado puxo en alerta a Urxencias Médicas, Bombeiros, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cualedro-Monterrei.

Tamén dende o 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal da compañía eléctrica da zona. 


Unha colisión frontal entre un camión de butano e un turismo deixa dous feridos graves en Dumbría
Os Bombeiros de Cee excarceraron a dúas persoas que quedaron atrapadas no interior dos vehículos que manexaban.

Tratouse dunha colisión frontal entre un camión cargado de bombonas de butano e un turismo. O sinistro ocorreu ás 08:00 horas de hoxe, na estrada que une Cee e Dumbría, na AC-552, no punto quilométrico 81.500.

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, Bombeiros de Cee, Forzas da Orde e efectivos de Protección Civil de Cee, Dumbría Muxía.

Os dous feridos xa foron trasladados polo persoal sanitario.

Nun primeiro momento, non se aprecia perda na carga do camión, aínda que, os servizos de emerxencia continúan  -neste intre- comprobando que non haxa fuga en ningunha das bombonas.

A intervención do persoal de mantemento da Autoestrada e a do servizo da empresa subministradora  deste gas, tamén foi requirida polo 112 Galicia. 


Colisión múltiple en Ordes
Unha colisión múltiple –cinco coches implicados - tivo lugar onte,  á altura do concello coruñés de Ordes.

Os vehículos circulaban pola AP-9, ao redor do punto quilométrico 46, dirección Coruña. Segundo indicou un dos alertantes ao 112 Galicia, un can que interceptou na vía, puido ser a causa do sinistro.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

Nada mais recibir á alerta, ás 18:50 horas da tarde pasada, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas que desprazou varias ambulancias para o lugar. Así mesmo, informouse á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros da localidade e ao persoal de Autoestradas. 

facebook twitter instagram