Escuchar

Unha colisión múltiple en Arteixo saldouse cunha muller ferida

Unha muller resultou ferida esta mañá nunha colisión múltiple -tres vehículos implicados- en Arteixo. Os feitos ocorreron no Polígono de Sabón. Un implicado no accidente alertaba ao 112 Galicia ás 08:30 horas.

Entón, o CAE 112 Galicia informaba do sinistro a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo.

 

Trasladada unha persoa despois de decretarse un incendio nunha vivenda de Portonovo

Unha persoa tivo que ser trasladada esta madrugada despois de decretarse un incendio na súa vivenda en Portonovo. A vítima, que resultou afectada por inhalación de fume, foi evacuada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario. O incendio tivo lugar nun edificio da rúa Ourense. O 112 Galicia foi alertado do ocorrido polos axentes da Policía Local, ás 01: 35 horas desta madrugada.  

Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros do Salnés, aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención debido a que o lume quedou controlado e extinguido polos membros do GES. Ademais de informar aos Bombeiros, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas e a dos membros do GES de Sanxenxo.  

 

Extinguido o incendio declarado onte nunha nave de froitas en Foz

O incendio declarado á primeira hora da tarde de onte na nave de froitas de Foz, quedou totalmente extinguido. Faltaban dez minutos para as 21:00 horas cando os efectivos de extinción de Barreiros indicaron ao 112 Galicia que o lume xa fora sufocado. Ardeu a nave, case por completo. Só unha parte das estancias utilizadas como oficinas puidéronse librar das lapas. Unha vez extinguido o lume, os servizos de emerxencia alí desprazados, arrefriaron a zona para evitar que as chamas  se reavivasen de novo.

No operativo que o 112 Galicia puxo en marcha tras recibir a alerta dun particular, ás 15:40 horas deste mércores, participaron os Bombeiros de Barreiros e Viveiro, efectivos do GES de Cervo, Protección Civil e Policía Local.