Imaxe escoitar Escoitar

Unha persoa falece ao colidir un coche e unha furgoneta  no Corredor do Morrazo

Unha colisión fronto-lateral entre unha furgoneta e un turismo no Corredor do Morrazo, á altura do Viaducto da Fraga, en Moaña, saldouse esta mañá cunha persoa falecida. Pasados uns minutos das 08:15 horas de hoxe, varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia do accidente que, de inmediato, informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Morrazo. Ademais, debido á gravidade, os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, aínda que o seu servizo foi anulado, ao confirmarse o falecemento da persoa  que, ademais, estaba  atrapada no interior da furgoneta. A intervención dos axentes de Tráfico e a do persoal do Servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia. Por outra banda, os Bombeiros de Lugo tamén tiveron que excarcerar a  unha condutora que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía. O accidente tivo lugar sobre as 07:15 horas desta mañá, na estrada de Santiago, concretamente ao pasar a Ponte Nova do Miño. Tratouse, ao igual que no caso anterior, da colisión entre un turismo e unha furgoneta e dúas persoas resultaron feridas, unha delas,  atrapada no interior dun dos turismos. Tras recibir a chamada de alerta dun particular, o CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros da cidade. Do mesmo xeito,  se solicitou a intervención dos axentes de Tráfico e de Protección Civil. Os dous feridos foron trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital Lucus Augusti  (H.U.L.A).

facebook twitter instagram