Imaxe escoitar Escoitar

Retómase a busca do home desaparecido na Guarda

Os efectivos de emerxencias acaban de retomar o operativo de busca do home desaparecido o domingo na Guarda. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no dispositivo participa dende hai un minutos a embarcación Salvamar Mirach.

Está previsto que ao longo da mañá se incorporen ás tarefas o helicóptero Pesca 1 e as embarcacións Río Guadalupe e Venecia 7. Durante esta xornada tamén participarán na busca do home os profesionais do Grupo Especial de Actividades Subacuática (GEAS) da Garda Civil e os membros do GES da localidade.  

O varón caeu ao mar na tarde do pasado domingo na zona de Punta Bazar, onde estaba collendo percebes cun amigo. 

facebook twitter instagram