Imaxe escoitar Escoitar

Atropelan un ciclista en Verín

Un ciclista resultou ferido esta mañá, en Verín, tras ser arrolado por un vehículo. O accidente tivo lugar no quilómetro 7 da N-532.

Foi unha persoa particular a que se puxo en contacto co 112 Galicia para explicar a situación. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Verín, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

facebook twitter instagram