Escuchar

Salvamento Marítimo activa un dispositivo na procura dun mergullador desaparecido en Ourido

Persoal da lonxa de Tragove alertaba esta mañá ao CAE 112 Galicia da falta dun mergullador. Segundo explicaron, foi visto por última vez na zona de Ourido, entre o porto de Tragove e o Grove, en Cambados. Eran as 11:15 horas cando o persoal do 112 Galicia recibiu a chamada de alerta e, de inmediato, puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo que, a partir de aí, activou o operativo de busca. Unha embarcación e un helicóptero atópanse neste intre na procura do mergullador. Tamén, os GEAS da Garda Civil, unha embarcación do servizo de Protección Civil de Cambados e outras,  de distintos particulares, que se atopaban fanando pola zona rastrexan – a esta hora- o lugar onde ocorreron os feitos. O Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Médicas e a Policía Local tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.