Unha persoa se precipita do tellado que arranxaba en Baleira
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a unha persoa ferida de consideración tras caer do tellado que reparaba na parroquia da Fontaneira, en Baleira. Debido ao estado no que se atopaba o ferido, foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Tras recibir a alerta ás 11:04 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia solicitou a colaboración da Garda Civil, do GES da Fonsagrada e de Protección Civil de Baleira.