Escoitar

Dúas persoas feridas nun choque no Pino

Unha colisión entre dous turismos, rexistrada esta mañá no Pino, sáldase con dúas persoas feridas. O sinistro produciuse na N-546, á altura dun albergue situado en Santa Irene, na parroquia de Arca.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ás 9:20 horas desta mañá, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias.

Pola súa banda, o persoal da central de emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Arzúa e á Garda Civil de Tráfico.

Atropelo
Unha persoa resultou ferida esta mañá tras ser arrolada por un vehículo, en Marín. Os feitos tiveron lugar diante da Casa do Concello, na Avenida de Marín.

Foi unha persoa particular a que contactou co 112 Galicia ás 9:50 horas desta mañá. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Morrazo. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.