Imaxe escoitar Escoitar
Localizan a unha muller falecida na beira dunha estrada en Salvaterra de Miño
Veciños do lugar da Luz, no concello de Salvaterra de Miño, localizaron esta mañá a unha muller falecida na beira da estrada que sobe á parroquia de Meder. Polo momento, se descoñecen as causas do falecemento, aínda que os veciños creen que puido ser atropelada. Sen embargo, non hai rastro de vehículo algún. Tras recibir a alerta ás 11:10 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia solicitou a presenza dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que tratan de aclarar as circunstancias na que se produciu o suceso. Ademais, o 112 Galicia pediu a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, quen confirmaron que a muller xa estaba morta.
 
Unha colisión frontal en Valdoviño se salda con tres persoas feridas
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a tres persoas que resultaron feridas a causa dunha colisión frontal que tivo lugar na AC-566, quilómetro 15, no concello de Valdoviño. Ás 11:30 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia recibiu a alerta e puxo en marcha un operativo no que participaron o GES de Mugardos e a Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram