Imaxe escoitar Escoitar

Trasladada unha muller con síntomas de intoxicación ao incendiarse a súa vivenda na Rúa

Unha muller foi trasladada con síntomas de intoxicación -por fume- despois de incendiarse a súa vivenda na localidade ourensá da Rúa. Ás 08:50 horas desta mañá, un particular alertaba ao 112 Galicia dun incendio nunha casa na Rúa del Blanco Amor, en A Rúa de Valdeorras.

O alertante aseguraba que vía saír fume polas fiestras da casa na que reside unha muller con certa minusvalía. Aínda que, non se sabía con certeza si a muller estaba –nese intre- no interior do inmoble, o 112 Galicia, de inmediato, alertou a Urxencias Médicas, que desprazou unha ambulancia a dito enderezo. Tamén pasouse aviso aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil.

Unha vez extinguido o lume e ventilada a vivenda, os membros do parque comarcal confirmaron ao persoal do 112 Galicia que o lume se iniciara nun moble da cociña e, ao arder, propagouse pola cheminea á cuberta da vivenda. A muller foi trasladada ao hospital da localidade polo persoal sanitario.

Arde coche en Marín
Por outra banda, case á mesma hora, un particular comunicaba ao 112 Galicia que ía circulando pola estrada vella que une Marín e Pontevedra, preto de Estrivela e o vehículo lle comezou a arder. Aseguraba que non había persoas afectadas pero oíra un estoupido e había lapas no interior do vehículo.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Morrazo que, unha vez extinguido o lume, confirmaron que o turismo ardera por completo.  A Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados do suceso polo CAE 112 Galicia. 

facebook twitter instagram