Imaxe escoitar Escoitar
Unha persoa resultou ferida tras colidir un coche e un camión en Valga
Unha persoa resultou ferida tras colidir un camión e un vehículo que circulaban pola N-550, á altura do termo municipal de Valga. Ás 11:31 horas desta mañá foi o propio condutor do camión quen chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, e, asegurou ademais que no interior do vehículo había unha persoa atrapada, polo que, se pasou aviso aos Bombeiros do Salnés, a Urxencias Médicas e tamén se pediu a intervención da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos do GES e de Protección Civil de Valga. Finalmente, segundo confirmaron os efectivos de Protección Civil ao Centro de Atención ás Emerxencias non fixo falla excarcerar, posto que, coa axuda de tódolos medios desprazados ao lugar puideron sacar á persoa do interior do vehículo. O persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada se encargou das tarefas de  limpeza da vía. Así mesmo, en Vigo, os bombeiros da cidade foron mobilizados para un accidente que tivo lugar na Estrada do CUVI, preto da Universidade.  Segundo informou o particular que chamou ao CAE 112 Galicia pasados uns minutos das 12:30 horas, o coche sinistrado envorcou tras saírse da vía e ademais indicou que comezaba  a arder. Dende o 112 Galicia se alertou ademais de aos Bombeiros a Urxencias Médicas quen confirmou que había xente atrapada. Tamén se solicitou colaboración da Policía Local e de Protección Civil de Vigo que, neste intre, aínda os medios traballan no lugar do accidente.

facebook twitter instagram