Escoitar

Rescatado un condutor do interior do seu vehículo tras saírse da vía en Forcarei

Os Bombeiros do Deza rescataron a un home que quedou atrapado no interior do seu vehículo despois de saírse da vía. O suceso ocorreu preto do lugar de Filloi, na EP-7201, na localidade de Forcarei.

Foi o mesmo condutor quen, sobre as 11:10 horas desta mañá, chamou ao CAE 112 Galicia pedindo axuda. Indicaba que estaba atrapado no interior do vehículo, pero, descoñecía o lugar onde se atopaba e o tempo que levaba alí.

 

Tras a conversa co persoal do 112 Galicia, o ferido,  enviou as coordenadas do lugar onde se atopaba, e, axiña, os servizos de emerxencia puideron dar co punto exacto.  Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron a gravidade do paciente e, unha  vez rescatado, foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao Hospital Príncipe Felipe de Pontevedra.

Para liberar ao ferido,  foi precisa a intervención dos Bombeiros do Deza  que, ademais tiveron que estabilizar o turismo, debido á posición na que quedou.

Os axentes de Tráfico,  da Policía e Local  e os efectivos de Protección Civil e do GES da Estrada tamén foron informados do accidente polo persoal do 112 Galicia.