Escoitar

Unha colisión múltiple sáldase con catro persoas feridas en Vilagarcía de Arousa

Catro persoas resultaron feridas, entre elas dous menores, nunha colisión na que se viron implicados tres coches en Vilagarcía de Arousa. As vítimas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

O accidente ocorreu na Avenida de Rosalía de Castro, á altura da praia Compostela. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ao fío das 12:30 horas.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso decontado á Policía Local.