Imaxe escoitar Escoitar

Unha persoa resultou ferida en San Cibrao das Viñas ao ser atropelada por un tractor

 

Unha persoa resultou ferida esta mañá tras ser atropelada por un tractor que circulaba á altura do lugar de Currás, en Gargantós, no concello ourensá de San Cibrao das Viñas. Foi o mesmo condutor quen solicitaba ao CAE 112 Galicia asistencia sanitaria para unha persoa á que acababa de  atropelar. De contado, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos técnicos sanitarios que, confirmaron o traslado do ferido ao Hospital Cristal de Ourense. Así mesmo, tras recibir a alerta, a escasos minutos das 11:00 horas de hoxe, o persoal do 112 Galicia informou do suceso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao e aos efectivos do GES de Pereiro de Aguiar.  Do mesmo xeito, case á mesma hora, en Silleda, os servizos sanitarios trasladaron a un home que resultou ferido ao caerlle unha árbore enriba mentres cortaba leña na súa finca particular. Debido ao forte impacto, desprazouse ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela que, finalmente, se anulou ou seu servizo por melloría do paciente.  O suceso ocorreu na parroquia de Cira, no termo municipal pontevedrés de Silleda.  A Garda Civil tamén foi informada dos feitos polo persoal do 112 Galicia. 

facebook twitter instagram