Escuchar

Os servizos sanitarios trasladaron a catro feridos a causa do accidente de Gondomar

Catro persoas necesitaron, finalmente, asistencia médica tras vérense implicadas nun accidente de tráfico en Gondomar. Ocorreu sobre as sete desta mañá en Mañufe, na estrada da Ramallosa a Gondomar. Un vehículo se saíu da vía e un dos ocupantes tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Baixo Miño.

Varias persoas se puxeron en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se avisou aos bombeiros e aos membros do GES do Val Miñor. Tamén acudiron os servizos sanitarios de urxencia e os axentes de seguridade.

Un can atrapado na defensa dun coche
Un can foi atropelado e quedou atrapado entre a defensa e o radiador do coche. Tiveron que intervir os efectivos de emerxencias, que cortaron a defensa e sacaron ao animal vivo. 

Sucedeu ás 11:30 horas de hoxe na N-540, ao paso pola localidade lucense de Taboada. As persoas que viaxaban no turismo resultaron ilesas e o can escapou en canto foi liberado. 

Foi unha patrulla da Garda Civil de Tráfico quen informou ao persoal do 112 Galicia. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos membros do GES de Monterroso e dos voluntarios de Protección Civil da vila.