Imaxe escoitar Escoitar
Unha saída de vía en Oímbra (Ourense) deixa dúas persoas feridas

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a dúas persoas que resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban cando circulaban pola Estrada que vai de Oímbra a San Cibrao, no punto quilométrico 2, da localidade de Oímbra. O CAE 112 Galicia tras recibir a chamada de alerta dun particular, ao fío das 11:00 horas de hoxe e indicar que podía haber unha persoa atrapada no interior do turismo, de inmediato, pasou aviso aos Bombeiros de Verín, aínda que, finalmente non chegaron a excarcerar, pois segundo indicaron, cando chegaron ao lugar as persoas que presenciaban o accidente xa sacaran ao ferido do vehículo. Igualmente, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se requiriu a intervención de Urxencias Médicas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.  Por outra banda, na localidade de Poio, unha persoa de avanzada idade foi atropelada por un turismo cando cruzaba por un paso de peóns na Avenida de San Xoán, á altura do número 56. O CAE 112 Galicia tivo constancia deste suceso grazas á chamada de varios particulares que solicitaban asistencia sanitaria para a persoa atropelada. Por iso, se pediu a intervención de Urxencias Médicas, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Poio. O atropelo tivo lugar ao redor das 12:30 horas deste mediodía.                  

facebook twitter instagram