Imaxe escoitar Escoitar

Un motorista, ferido ao saírse da vía en Oleiros

O condutor dunha moto resultou ferido esta mañá ao saírse da vía co seu vehículo en Oleiros. O accidente tivo lugar na Avenida das Mariñas, á altura do número 91.

Un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sucedido ás 12:00 horas.

Nese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo.

facebook twitter instagram