Escuchar

Unha colisión frontal en Ordes deixa catro persoas feridas

Catro persoas resultaron feridas despois de colidir frontalmente dous turismos en Ordes. Varios particulares alertaban do accidente ao 112 Galicia, minutos antes das 12:00 horas deste mediodía. Segundo as testemuñas, un dos vehículos envorcou despois de dar varias voltas de campá, na N-550, quilómetro 32, en Leira.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias, nada mais recibir a chamada de alerta, puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas, Bombeiros de Ordes e da Garda Civil de Tráfico. Tamén se informou ao servizo de mantemento da estrada.

Muller ferida en Ames 
Por outra banda, case á mesma hora, un particular informaba ao CAE 112 Galicia dun choque entre dous turismos en Bugallido, concretamente, na DP-0205, á altura da localidade de Ames. Neste caso, unha muller resultou ferida.

A partir de aí o 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas e a dos axentes de Tráfico. Así mesmo, solicitou a colaboración dos efectivos do GES de Brión e requiriu  a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.