Escuchar

Unha persoa evacuada ao incendiarse por segunda vez unha casa abandonada en Porto do Son

Unha casa abandonada en Porto do Son, que xa sufrira un incendio hai uns días, volveu verse afectada polas lapas. O lume calcinou a única estancia que non se vira danada no primeiro incendio. A vivenda afectada, que agora corre o risco de virse abaixo, está situada en Carballosa, na parroquia de San Pedro de Muro. 

No interior do inmoble foi localizado un varón, que xa foi evacuado a un centro hospitalario para ser sometido a unha revisión. 

O 112 Galicia recibiu unha alerta dunha persoa particular ás 9:00 horas desta mañá. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Ribeira, ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e á Garda Civil.

Segundo se lle indicou ao 112, o lume puido ser provocado.