Imaxe escoitar Escoitar

Arde un galpón en Ponte Caldelas

Un galpón ardeu esta mañá en Ponte Caldelas. O incendio, indicaron os axentes da Garda Civil ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ao redor das 09:00 horas, puido comezar nunha secadora situada no interior da construción. O lume calcinou o tellado e viuse afectado, tamén, un garaxe anexo ao alpendre.

Dende o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros do Morrazo. Sen embargo, segundo explicaron os axentes, a súa intervención non foi necesaria debido a que os medios desprazados polo Concello foron suficientes para extinguir o lume. 

facebook twitter instagram