Falece un operario en Santiago tras caerlle unha lápida na cabeza
Un operario morreu esta mañá en Santiago despois de caerlle unha lápida enriba da cabeza mentres traballaba no cemiterio de Carballal.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse uns minutos antes deste mediodía na Igrexa de Carballal, concretamente na parroquia compostelana de Sabugueira.
A voz de alarma a deron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do traballador.
Pola súa banda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso aos voluntarios de Protección Civil, así como aos axentes da Policía Nacional co fin de coñecer as circunstancias de rodearon este suceso.