Imaxe escoitar Escoitar

Ilesos os ocupantes dun turismo que rematou nun desnivel en Marín

Os ocupantes dun vehículo resultaron ilesos esta mañá despois de caer por un desnivel duns 10 metros en Marín. Así o relataba o alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, pasados uns minutos das 11:00 horas. Indicaba no seu relato que as persoas que viaxaban no interior do turismo atopábanse ben, pero tiñan dificultades para saír do coche.

Por iso, dende o Centro de atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse, ademais de ao persoal sanitario, Forzas da Orde,  Protección Civil, aos Bombeiros do Morrazo que, finalmente, non foi precisa a súa intervención.

Colisión múltiple en Ourense
Unha persoa resultou ferida leve despois dun choque entre tres vehículos esta mañá en Ourense. A vítima, accesible en todo momento, rexeitou ser traslada a un centro hospitalario. O accidente tivo lugar na Avenida de Santiago. Urxencias Médicas alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 08:30 horas.

Entón, nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de  Protección Civil e aos Bombeiros de Ourense.

 

Rescatado un pescador despois de caer nunhas rochas no Rosal

Un pescador de mediana idade tivo que ser rescatado despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa de difícil acceso. Os feitos ocorreron na parroquia de San Sian, na zona de Costa da Vela. O 112 Galicia recibía a alerta do acontecido ás 10:10 horas por parte da Garda Civil.

A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poñíase a situación en coñecemento dos efectivos do GES da Guarda e dos Bombeiros do Baixo Miño. Finalmente, o varón foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro por persoal sanitario.

facebook twitter instagram