Unha persoa ferida nunha saída de vía en Silleda
Unha persoa resultou ferida este mediodía ao saírse da vía o coche no que circulaba en Silleda. O accidente ocorreu no lugar de Cóscaros, na parroquia de Siador, ao fío das 12:10 horas.
Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.
Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Deza.