Imaxe escoitar Escoitar
A saída de vía dun camión en Oza dos Ríos deixa ferido ao condutor e provoca o corte da circulación en toda a vía
O condutor dun tráiler resultou ferido esta mañá despois de saírse da vía o vehículo que conducía cando circulaba pola estrada AC-840, en A Reiga, á altura do termo municipal coruñés de Oza dos Ríos. Ademais, segundo indicaron os servizos de emerxencia desprazados ao lugar, o vehículo, cortaba a circulación en ámbolos dous sentidos da vía. Por iso, tras recibir á alerta dun particular pasadas as 10:30 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia, ademais de informar aos servizos sanitarios de urxencia pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e  dos efectivos do GES de Curtis. Unha ambulancia trasladou ao condutor ferido ata un hospital de referencia. Por outra banda, case á mesma hora, o 112 Galicia tivo constancia dunha colisión múltiple en Arteixo. Segundo informou o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, e que asegurou ser un dos implicados, indicou que se tratou dunha colisión por alcance entre tres vehículos que circulaban á entrada da parroquia de Pastoriza. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, aínda así, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas. A Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Arteixo tamén foron informados do accidente.  

facebook twitter instagram