Alertas activas:

Escuchar

Desaloxan varias vivendas en Cangas ao incendiarse un coche nun garaxe

Un incendio dun coche declarado esta mañá en Cangas obrigou ao desaloxo de seis pisos. O lume declarouse no andar menos tres dun edificio da Rúa de Logán. O vehículo resultou calcinado por completo. Con todo, o lume non afectou a ningún outro ben. 

Os efectivos de Protección Civil de Cangas informaron da situación ás 8:30 horas desta mañá. Segundo indicaron, saía moito fume do interior dun garaxe. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros do Morrazo, á Policía Local e á Garda Civil. Urxencias Médicas tamén recibiu unha alerta do 112, que decidiu mobilizar unha ambulancia ata o punto, ainda que polo de agora non hai constancia de ningunha persoa afectada. 

 

Unha persoa ferida nun choque múltiple en Tomiño

Unha colisión entre tres coches rexistrada esta mañá en Tomiño deixa unha persoa ferida. A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. 

O accidente rexistrouse na estrada que conecta Tui con Tomiño, á altura do cruce de Sobrada.

Unha persoa particular alertou do sinistro ao 112 Galicia ás 11:15 horas desta mañá. 

Dende a central de emerxencias do 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Baixo Miño. Os feitos tamén foron postos en coñecemento do GES da Guarda, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.