Imaxe escoitar Escoitar

Unha persoa excarcerada despois de saírse da vía o coche no que circulaba en Ponteceso

Unha persoa resultou ferida en Ponteceso ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da localidade e os Bombeiros de Carballo, ao quedar atrapada no interior do vehículo. Unha vez liberada, a persoa ferida foi trasladada a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar na AC-424, concretamente no punto quilométrico 5,500.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 10:00 horas, a través da alerta dun particular. A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaba do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento de Carballo, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Ponteceso.

 

Arde unha sala de caldeiras dunha adega na Pobra de Trives

Un incendio declarado esta mañá no interior dunha adega na Pobra de Trives provocou que ardese unha sala de caldeiras na súa totalidade, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as lapas calcinaron tamén leña acumulada no local.

Os feitos ocorreron nunha leira da parroquia de Piñeiro, ao fío das 08:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía alerta do incendio a través dun particular.

Acto seguido, dende o CIAE pasábase o aviso ao GES de Castro Caldelas, a Protección Civil e á Garda Civil.

Unha vez no lugar do incendio, os servizos de emerxencias controlaron e sufocaron o lume, que se declarou ao prender a caldeira na leña.

facebook twitter instagram