Escoitar

Os servizos de emerxencias galegos colaboran na busca dun músico portugués desaparecido na zona da Pela

Os Bombeiros do Baixo Miño e os voluntarios de Protección Civil de Tomiño colaboran cos medios de emerxencias portugueses na busca dun mozo desaparecido na zona da Pela, en Portugal. O rapaz, músico e de nacionalidade portuguesa, estivo nos arredores do Castelo da Pela, onde foi tocar e onde se atoparon algunhas das súas pertenzas. Os axentes da Garda Civil, que xa mobilizaron un equipo a bordo dunha embarcación, sospeitan que pode estar no río Miño. A desaparición do mozo na zona fronteiriza entre Galicia e Portugal motivou que se activase o protocolo especial de colaboración, ARIEM 112.

 

Dúas persoas quedaron atrapadas dentro dunha furgoneta sinistrada en Baralla

Unha furgoneta se saíu da vía e se foi contra a cuneta cando circulaba pola A-6, ao paso por Baralla. Como consencuencia do impacto, os dous ocupantes quedaron atrapados e necesitaron a axuda dos bombeiros para abandonar o vehículo. Unha vez liberados, foron trasladados ao centro hospitalario de refencia nunha ambulancia de Urxencias Médicas. Outro condutor, que viu o accidente polo retrovisor, alertou aos profesionais do 112 Galicia. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se avisou aos Bombeiros de Sarria e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. O accidente se rexistrou pouco antes deste mediodía no quilómetro 477 da A-6, en sentido Madrid.