Escoitar

Dúas persoas feridas en Cangas despois de ser atropeladas por un turismo

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de ser atropeladas por un turismo en Cangas. Ao fío das 11:30 horas de hoxe, Urxencias Médicas informaba ao 112 Galicia do atropelo a dúas persoas por un turismo que trataba de dar marcha atrás,  na Avenida de Marín. Tamén, a esa hora, un particular solicitaba ao CAE 112 Galicia medios sanitarios para unha muller que fora atropelada e que estaba tirada no chan.

Dada a situación, os profesionais do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil. Os Bombeiros do Morrazo tamén foron informados.

Atropelo en Vilagarcía
Os servizos sanitarios trasladaron tamén hoxe, a un peón que resultou ferido despois de ser atropelado por un  vehículo. Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 12:00 horas deste mediodía, no casco urbano de Vilagarcía de Arousa.Tras recibir a alerta dun particular, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112, pasouse aviso a Urxencias Médicas e informouse  aos axentes da Policía Local, Bombeiros e aos efectivos do Servizo de Emerxencias municipal.