Escuchar

Dous operarios resultan feridos en senllos accidentes ocorridos en Vigo e Salceda de Caselas

Unha ambulancia de Urxencias Médicas desprazouse esta mañá ata a Rúa Romil, en Vigo, para atender a un operario que resultou ferido. Segundo indicaron os técnicos sanitarios cando chamaron ao CAE 112 Galicia para informar do suceso, o home, caeu dende unha altura duns tres metros cando se dispoñía a realizar o seu traballo. A partir de aí, o 112 Galicia informou aos axentes da Policía Nacional e Local, así como, aos efectivos de Protección Civil.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 10:30 horas de hoxe.

Salceda de Caselas

Por outra banda, dez minutos mais tarde, o CAE 112 Galicia recibía o aviso dun particular que informaba doutro accidente laboral nunha canteira situada no Concello de Salceda de Caselas.

O alertante, indicou que a un operario lle caera unha pedra enriba pero que non estaba atrapado. O persoal do 112 Galicia, nada mais recibir a chamada de alerta, solicitou a intervención dos técnicos sanitarios e informou á Garda Civil.

 Neste intre, os servizos de emerxencia atópanse aínda no lugar dos feitos.